Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00281-O-2000 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo) e, de non o faceren así, procederase á súa cobranza pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 23 de xaneiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00281-O-2000

C-4260-BK

G.C. Tráfico

Manipulación e Tte. de Vehículos, S.L.

Avda. da Florida, 197,

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular efectuando un servicio público de mercadorías varias (café, alimentos de cans, aperitivos) carecendo da tarxeta de transportes. Carece de autorización administrativa, tarxeta técnica.

4-2-2000; 12.10; N-120; 662

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

Precintado do vehículo

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02718-O-1999

SS-5341-T

G.C. Tráfico

Adersa Vigo, S.L.

Areal-estación FF.CC.,

Guixar, s/n, 36201 Vigo

(Pontevedra)

Circular transportando un contedor, carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula PO-01337-R da titularidade de Ritrasa Rivero Transportes, S.A.

5-11-1999; 8.20; A-52; 293,700

Artigo 90 da Lei 16/1987

e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

Precintado do vehículo

PO-02720-O-1999

M-3294-SV

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Ourense, 67, 2820 Madrid

Circular transportando un contedor, carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula M-008727-R, da titularidade de Ritrasa Rivero Transportes, S.A. Servicio público.

5-11-1999; 13.10; N-550; 150,500

Artigo 90 da Lei 16/1987

e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

Precintado do vehículo

PO-02967-O-1999

PO-8458-AM

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Ourense, 67, 2820 Madrid

Efectuar un transporte de oito turismos, carecendo da tarxeta de transportes. Arrastra semiremolque matrícula M-10574-R da titularidade de Adersa Vigo, S.L. Servicio público

23-11-1999; 12.05; A-9; 137,500

Artigo 90 da Lei 16/1987

e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

Precintado do vehículo