Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (329/2000).

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela fai saber que no dito xulgado se tramita o procedemento expediente de dominio. Inmatriculación 329/2000, sobre expediente de dominio. Inmatriculación do predio que se describe ó pé do presente edicto, por instancia de José Manuel Freire Berdullas, José Troitiño Taboada, representado polo procurador José Martínez Lage, no que se acordou citar ou convoca-las persoas que a continuación se dirán, para que no prazo de dez días comparezan ante este xulgado co obxecto de alegar o que o seu dereito conveña.

Persoas que se van citar ou convocar:

-Os titulares de calquera dereito real constituído sobre o predio a que se refire o presente expediente.

-As persoas ignoradas, a quen puidese prexudica-la inscrición solicitada.

Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro de dous mil.

O/A maxistrado/a xuíz/aO/A secretario/a

RubricadoRubricado

Predio que se cita.

O predio obxecto do presente expediente de dominio descríbese nos seguintes termos:

«Parcela de terreo a soar no sito de Abelleira de Abaixo, lugar de Ponte Pedriña, nesta cidade de Santiago de Compostela, de seiscentos un metros e setenta decímetros cadrados de extensión. Linda: norte, por onde mide trinta e nove metros, con muro de José e Serafín Gago González; sur, por onde mide outros trinta e nove metros, coa rúa Juan Nogueira; leste, coa rúa Ulla e oeste, de herdeiros de Manuel Castro».

Os lindes así descritos correspóndense coa data de outorgamento do título, sendo así que, a consecuencia de diversas transmisións e actuacións urbanísticas levada a cabo na zona con posterioridade á data do título, quedaron os lindes do predio coa mesma extensión e na forma que a continuación se refire: «norte, casa nº 29 da rúa do Ulla; sur, rúa de Juan Nogueira; leste, coa rúa Ulla e oeste, casa nº 9 da rúa Juan Nogueira».