Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (214/1999-E).

Eu, Blanca Force Sánchez, secretaria do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos arriba indicados consta a sentencia na que o seu e encabezamento e sentencia é do contido literal que a continuación se indica: «Na Coruña, nove de xullo de mil novecentos noventa e nove. Vistos os presentes autos de xuízo de faltas número 214/1999, tramitados ante este xulgado por lesións dolosas, no que son parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante María José González Río e como denunciado Pablo Luis Sánchez Barros. Sentencio que debo condenar e condeno a Pablo Luis Sánchez Barros como autor da falta de lesións xa definida á pena dun mes de multa con cota diaria de duascentas pesetas e a que indemnice a María José González Río na cantidade de quince mil pesetas polas lesións padecidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra esta poderán interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días por medio de escrito expresivo dos quebrantamentos de normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infraccións de preceptos constitucionais.

E para que conste e sirva de notificación ó denunciado Pablo Luis Sánchez Barros, expido o presente edicto que asino na Coruña o vintedous de xaneiro de dous mil un».

Rubricado