Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 1ª)

ANUNCIO sobre o recurso 01/0001921/1999.

En cumprimento do artigo 47.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa, faise público que esta sala admitiu, no seu día, a trámite o recurso contencioso-administrativo arriba citado, interposto por José Jesús Pereira Fernández, contra resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo con data do 27-8-1999 (DOCE do 19 de outubro), sobre adxudicación de concurso de proxecto de arquitectura convocada por Resolución de 16-2-1999.

Advírtese que a inserción deste anuncio serve de emprazamento ós posibles codemandados e persoas nas que ó seu favor deriven dereito do propio acto administrativo para que, se o desexan, comparezan no prazo de nove días, a teor do disposto no artigo 49.1º da citada lei xurisdiccional.

A Coruña, vintecatro de xaneiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado