Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do avance do PERI IV-01 San Roque A.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 21 de decembro de 2000, acordou tomar coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior IV-01 San Roque A (expediente 6570/411), de iniciativa municipal, redactado polos servicios técnicos municipais da Oficina de Planeamento da Xerencia de Urbanismo.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou intere

sados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo