Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 1060/2001 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: realización dunha campaña de publicidade para a promoción da Semana Santa de Ferrol.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2001.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 5.000.000 de pesetas, 30.050,61 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de febreiro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña