O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de decembro de 2000, tomou coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior 2 A Igrexa (Oia) 12.04 (expediente 6267/411), de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Gui
llermo Miranda Blanco, Antonio Hernández Crespo e Rafael Cabeza Rey-Stolle, con visado do COAG do 6 de novembro de 2000, así como das suxestións formuladas a este pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento.
Sométese o expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que estimen oportunas e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.
O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 23 de xaneiro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo