Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Obxecto do contrato: distribución da revista Consumidores do Instituto Galego de Consumo.
Prazo de execución: o prazo de execución será desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2001, podendo prorrogarse polo mutuo consentimento das partes antes da súa finalización.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Solvencia económica financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co establecido no artigo 16.1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal como dispón o artigo 19 e) do citado texto.
Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de pesetas) (36.060,726 euros).
Garantías: 2% do orzamento do contrato (120.000 pesetas).
Obtención de documentación e información:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: praza de Europa, 10-A, 2º.
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
-Teléfono: 981 54 45 12.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Requisitos específicos do contratista:
-Clasificación: non se esixe.
Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: praza de Europa 10-A, 2º (edificio Área Central).
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
Apertura de ofertas:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: praza de Europa 10-A, 2º (edificio Área Central).
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
Data: décimo primeiro día natural ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.
Hora: once horas.
Gastos de anuncios: o importe de este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.
Víctor Tello Calvo
Presidente do Instituto Galego de Consumo