Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a María Dolores Castromán Santos o prego de cargos correspondente ó expediente disciplinario que se lle instrúe por acordo do 19 de novembro de 1998 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Por medio desta cédula notifícaselle a Dolores Castromán Santos, enfermeira do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, a elaboración do axuizamento e proposta, con data do 26 de xaneiro de 2001, que se atopa á súa disposición no local da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, sito na rúa Durán Loriga, nº 3 (Secretaría Provincial, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2001.

P.A.

María de Ramón López-Chaves

Instructora