Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/13-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Rúa do Porto, 6.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, con orixe e final no tramo de liña subterránea, entre C.T. Travesía do Porto (expediente 243/1996) e C.T. rúa do Xeixo (expediente 274/1996) de 200 m de lonxitude e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, alimentando o C.T. rúa do Porto nº 6, que se vai instalar no Milladoiro. Centro de transformación, en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, na rúa do Porto nº 6. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña