Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Melo, no concello de Ponteareas (provincia de Pontevedra), por parte de Carlos Valencia Leirós.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Carlos Valencia Leirós, con domicilio en r/ Torneiros, Gándara, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de setembro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Melo de 2 cuadrículas mineiras para recursos de sección C de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2909, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 33' 40''42º 09' 00''

28º 34' 20''42º 09' 00''

38º 34' 20''42º 09' 20''

48º 33' 40''42º 09' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra