Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. A Ponte Ulla.
Situación: Vedra.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 430 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da liña que alimenta o C.T. O Castro (expediente 27233) e final no C.T. A Ponte Ulla, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo prefabricado de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Ponte Ulla. Vedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 16 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña