Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Juan Flórez, 80 (C.T. Telefónica).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 340 m de lonxitude, con orixe no C.T. praza de Vigo (expediente 25903) e final no C.T. Telefónica. A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña