Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.441

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas regulamentadas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración de listas especiais para supostos de substitucións urxentes e imprescindibles para o bo funcionamento do servicio, de empregados públicos que estean en situación de incapacidade temporal que se prevexan como máximo de quince días de duración, nos casos de licencia por falecemento ou enfermidade grave ós que se refire o artigo 22.b do vixente convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, que se dean nas categorías e grupos destinados nas seguintes consellerías:

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en tódolos seus centros de ensino:

Na categoría 6 (educador) do grupo II; e nas categorías 4 (coidador/a auxiliar), e 5 (oficial 2ª cociña) do grupo IV; categorías 1 (axudante cociña) e 11 (limpador/a) do grupo V.

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en tódolos seus centros de servicios sociais:

Nas categorías 2 (ATS/DUE) e 6 (educador) do grupo II; categorías 14 (xefe/a de cociña), 54 (ETAR) e 65 (oficial 1ª cociña) do grupo III; categorías 3 (auxiliar de enfermería e coidador), 4 (coidador/a auxiliar) e 5 (oficial 2ª cociña) do grupo IV; categorías 1 (axudante de cociña e camareiro/a-limpador/a), 3 (ordenanza) e 12 (peón) do grupo V.

-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en tódolas súas garderías e centros de menores:

Nas categorías 6 (educador) e 40 (mestre especialista de educación infantil) do grupo II; nas categorías 50 (técnico especialista en xardín de infancia) e 65 (oficial 1ª cociña) do grupo III; nas categorías 4 (coidador/a auxiliar) e 5 (oficial 2ª cociña) do grupo IV; e nas categorías 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a a ferro lavandeiro/a), e 3 (ordenanza, vixilante nocturno) do grupo V.

Base 2ª.-Ámbito territorial.

No anexo I desta convocatoria especifícanse os ámbitos territoriais para cada grupo e categoría mencionados na base primeira desta convocatoria. Para tal efecto no anexo II especifícanse as distintas agrupacións municipais nas que serán efectivas as listas.

Base 3ª.-Requisitos.

Nesta convocatoria poderán participar aqueles interesados que para os grupos e categorías que agora se convocan, figuren nas listas definitivas de admitidos elaboradas como consecuencia da convocatoria realizada pola Resolución de 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 129, do 7 de xullo). A puntuación e prelación de cada un dos interesados en figurar nestas listas especiais será a mesma coa que xa figuren nas ditas listas definitivas.

Base 4ª.-Solicitudes.

4.1. Na solicitude o interesado deberá indica-los ámbitos territoriais nos que desexe ser incluído entre os que se oferten para a categoría e grupo correspondente, independentemente dos que solicitara nas listas xa elaboradas.

4.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e poderánse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións proviciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.3. A inclusión nestas listas non dará lugar ó cobramento de taxas por dereitos de inscrición.

4.4. Na solicitude deberá constar necesariamente un único número de teléfono de contacto.

4.5. Os interesados deberán presentar unha solicitude por cada grupo e categoría.

Base 5ª.-Documentación.

Os interesados na súa inclusión nestas listas especiais deberán presentar en prazo único e exclusivamente a solicitude de acordo co modelo do anexo III desta convocatoria.

Base 6ª.-Elaboración listas.

6.1. A Comisión Permanente de Selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, ó que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997, e que ten a categoría de primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do servicio de información e atención ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse para cada ámbito territorial.

6.4. A partir da data de publicación no DOG do anuncio da exposición das listas obxecto desta convocatoria, acudirase a estas listas especiais sempre

que se trate de substitucións urxentes e imprescindibles para o bo funcionamento do servicio, de empregados públicos que se encontren nas situacións expresadas na base primeira desta convocatoria.

Base 7ª.-Xestión listas especiais.

7.1. Estas listas especiais teñen un carácter totalmente independiente e consecuentemente, as incidencias e situacións que se produzan pola súa xestión non repercutirán nas listas xerais regulamentadas no Decreto 89/1997.

7.2. Os chamamentos realizaranse por medios telefónicos (ou, se é posible telemáticos), debendo constar nun libro de rexistro habilitado para o efecto as comunicacións cursadas, para tal efecto o empregado público encargado das listas redactará a correspondente dilixencia.

A presentación da solicitude suporá a aceptación do anterior, debendo facer constar na dita solicitude un único número de teléfono de contacto.

7.3. Dado que estas listas especiais teñen por obxecto as substitucións urxentes e imprescindibles ás que se refire a base primeira desta convocatoria, unha vez aceptado o posto, a incorporación poderá ser inmediata de acordo coas indicacións que se dean no momento do chamamento.

7.4. Quen renuncie por calquera causa ou non fose localizado persoalmente cando se realice un chamamento, pasará a ocupar o último lugar da súa lista no ámbito territorial correspondente.

En todo caso, aquel que despois de aceptar o chamamento, non compareza no lugar e hora indicados quedará excluído da lista correspondente en tódolos ámbitos territoriais.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaDenominaciónÁmbito territorial

II002ATS-DUEProvincial

II006Educador/a, profesor/a especialProvincial

II040Mestre/a especialista en educación infantilProvincial

III014Xefe de cociñaProvincial

III050Técnico especialista en xardín de infanciaProvincial

GrupoCategoríaDenominaciónÁmbito territorial

III054ETAR (encargado tarefas asistencia recuperadora)Ámbitos provinciais: D2700, D3600

III065Oficial 1ª cociña//oficial 1ª cociñeiro/a e outrosProvincial

IV003Auxiliar de clínica//auxiliar sanitario e outrosAgrupación de municipios

IV004Auxiliar de fogar//coidador auxiliar e outrosAgrupación de municipios

IV005Oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ªAgrupación de municipios

V001Camareiro/a-limpador/a e outrosAgrupación de municipios

V003Ordenanza/celador/a e outrosAgrupación de municipios

V011Limpador/a e outrosAgrupación de municipios

V012Peón//laborante e outrosProvincial

ANEXO II

Ámbitos territoriais

D0000-SERVICIOS CENTRAIS

D1500-PROVINCIA DA CORUÑA

D2700-PROVINCIA DE LUGO

D3200-PROVINCIA DE OURENSE

D3600-PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Agrupacións de municipios

Provincia da Coruña:

X1551-A CORUÑA, agrupa os seguintes concellos:

Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño, Vilarmaior, Irixoa, Coirós, Aranga, Curtis, Vilasantar, Cesuras, Oza, Abegondo, Carral, A Laracha, Carballo, Coristanco, A Coruña.

X1552-CEE, agrupa os seguintes concellos:

Fisterra, Corcubión, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas, Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Mazaricos, Outes, Carnota, Muros, Cee.

X1553-FERROL, agrupa os seguintes concellos:

Mañón, Cariño, Cedeira, Cerdido, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Moeche, Valdoviño, Narón, Ortigueira, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, A Capela, Monfero, Ferrol.

X1554-ORDES, agrupa os seguintes concellos:

Cerceda, Tordoia, Trazo, Oroso, Frades, Mesía, Boimorto, Sobrado, Toques, Melide, Santiso, Arzúa, Touro, O Pino, Ordes.

X1555-SANTIAGO DE COMPOSTELA, agrupa os seguintes concellos:

Ames, Brión, Teo, Boqueixón, Vedra, Rois, Padrón, Dodro, Noia, Lousame, Porto do Son, Ribeira,

A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Val do Dubra, A Baña, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo:

X2751-LUGO, agrupa os seguintes concellos:

Friol, Outeiro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín, Castroverde, O Corgo, Guntín, Portomarín, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, O Páramo, Láncara, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, O Incio, Lugo, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada.

X2752-MONDOÑEDO, agrupa os seguintes concellos:

O Vicedo, Viveiro, Ourol, Xove, Cervo, Foz, Burela, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Trabazo, Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza, Abadín, Mondoñedo.

X2753-MONFORTE DE LEMOS, agrupa os seguintes concellos:

Taboada, O Saviñao, Bóveda, Chantada, Carballedo, Antón, Sober, A Pobra de Brollón, O Courel, Quiroga, Ribas do Sil, Monforte de Lemos.

X2754-VILALBA, agrupa os seguintes concellos:

Murás, Xermade, Guitiriz, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Rábade, Vilalba.

Provincia de ourense:

X3251-ALLARIZ, agrupa os seguintes concellos:

Paderne de Allariz, Xunqueira de Espasandín, Parada de Sil, A Teixeira, Castrocaldelas, Montederramo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz.

X3252-CELANOVA, agrupa os seguintes concellos:

Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Melón, Beade, Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia, Cartelle, Cortegada, A Pontedeva, Gomesende, Padendra, Quintela de Leirado, Ramirás, A Merca, A Bola, Verea, Celanova.

X3253-O BARCO DE VALDEORRAS, agrupa os seguintes concellos:

Rubiás, Carballeda, Vilarmartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, O Barco de Valdeorras.

X3254-OURENSE, agrupa os seguintes concellos:

Beariz, O Irixo, Piñor, San Cristovo de Cea, Boborás, O Carballiño, Maside, Barbadás, Punxín, Vilamarín, A Peroxa, Amoeiro, Coles, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Toén, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Ourense.

X3255-VERÍN, agrupa os seguintes concellos:

Oímbra, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, Laza, Vilariño de Conso, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Verín.

X3256-XINZO DE LIMIA, agrupa os seguintes concellos:

Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira, Os Blancos, Baltar, Calvos de Radín, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Baixa Limia, Muíños, Xinzo de Limia.

Provincia de Pontevedra:

X3651-A CAÑIZA, agrupa os seguintes concellos:

Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Covelo, Mondariz, Ponteareas, Soutomaior, Fornelos de Montes, A Pobra de Brollón, Mondariz Balneario, A Cañiza.

X3652-LALÍN, agrupa os seguintes concellos:

Agolada, Rodeiro, Dozón, Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Forcarei, Cerdeda, Lalín.

X3653-PONTEVEDRA, agrupa os seguintes concellos:

O Grove, Sanxenxo, Meaño, Poio, Meis, Cambados, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Pontecaldelas, A Lama, Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Moraña, Portas, Cuntis, Caldas de Reis, Catoira, Valga, Pontecesures, Pontevedra.

X3654-VIGO, agrupa os seguintes concellos:

Nigrán, Baiona, Gondomar, Oia, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Tui, Salceda de Caselas, O Porriño, Mos, Redondela, Vigo.