No xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra tramítase o recurso nº 15/01 (procedemento abreviado) interposto por Carmen Judith Juncal Rúa na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).
A recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE, pretende a súa inclusión na relación de aspirantes seleccionados.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos