Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se desconvoca un curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

Con data do 16 de xaneiro de 2001 publicouse a Resolución do 22 de decembro de 2000, da Direc-

ción Xeral de Saúde Pública, pola que se convoca un curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

Que debido a que os aspirantes non cumpren co estipulado na Orde de 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece, na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas así como para a obtención dos carnés de manipuladores destes productos, queda desconvocado.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2001.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública