Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se lle dá publicidade á constitución e composición do comité galego do ano internacional do voluntariado.

A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU), atendendo á recomendación do Comité Económico e Social do devandito organismo, adoptou na súa 50ª sesión, do 20 de novembro de 1997, a resolución de proclama-lo ano 2001 como Ano Internacional do Voluntariado.

Co obxecto de garanti-la consecución dos obxectivos perseguidos mediante a celebración do ano, o programa de voluntariado das Nacións Unidas insta a cada Estado membro á constitución dun comité nacional de coordinación das actuacións.

Por Real decreto 1944/2000, do 1 de decembro, créase o Comité Español de Coordinación das Accións para o Ano Internacional do Voluntariado, do que formará parte como vocal un representante de cada Comunidade Autónoma.

A Comisión Galega de Obxección de Conciencia, na súa sesión ordinaria do día 15 de maio de 2000, autorizou a secretaria da comisión para constituír un grupo de traballo que impulsara e coordinara en Galicia as accións do Ano Internacional do Voluntariado.

O grupo de traballo constituíuse como Comité Galego do Ano Internacional do voluntariado o día 18 de xullo de 2000, coa participación de distintas entidades públicas e privadas. O día 5 de decembro de 2000, o presidente da Xunta de Galicia presidiu o acto público de presentación do comité así como o avance do programa de actividades para o ano 2001.

A Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia, atribúe á consellería competente en materia de Administración local, entre outras, as funcións de promoción da acción voluntaria.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Dar publicidade á constitución do Comité Galego do Ano Internacional do Voluntariado con data 18 de xullo de 2000, coas funcións de impulso e coordinación en Galicia das accións do Ano Internacional do Voluntariado e que está composto polos seguintes membros:

1. Comité de honra:

a) Presidente: Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia.

b) Representantes institucionais:

-José Sánchez Bugallo, alcalde-presidente do Concello de Santiago de Compostela.

-Antonio Pillado Montero, conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-José Cora Rodríguez, Valedor do Pobo.

-José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia.

-Darío Villanueva Prieto, rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Luis Meilán Gil, rector magnífico da Universidade da Coruña.

-Domingo Docampo Amoedo, rector magnífico da Universidade de Vigo.

c) Voluntarios de recoñecido prestixio das seguintes áreas de interese xeral:

Cultura: Francisco Fernández del Riego.

Medio ambiente: Francisco Río Barja.

Cooperación internacional: Mª Esther Regueiro Fernández, presidenta do Comité de Unicef-Galicia e Luis Astray, membro de Solidariedade Galega.

Socio-sanitaria: Mª del Carmen Colmeiro Rojo, presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia.

Minorías étnicas: Emilia Fernández Salgado, membro da Asociación de Integración Xitana de Lugo.

Infancia: Saleta Sánchez Vázquez, presidenta do colectivo galego do menor.

Educativa: Lois Ferradás Blanco: cofundador de Preescolar na Casa.

2. Comité técnico:

a) Presidente: conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Vicepresidente: director xeral de Administración Local.

c) Vocais:

c-1: representantes de cada un dos seguintes centros directivos da Xunta de Galicia:

-Dirección Xeral de Universidades: Julio Iglesias Redondo e Carmen Cimadevila Cea.

-Dirección Xeral de Promoción Cultural: José Daniel Buján Núñez.

-Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional: Antonio Rivas Menéndez e Juana Mª Otero Suárez.

-Dirección Xeral de Familia: Amparo Castaño Aguado.

-Instituto Galego da Vivenda e Solo: Elvira Casal García.

-Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural: José María Lago García e Javier Turrillo Montiel.

-Dirección Xeral de Servicios Sociais: Isabel Mosquera Santé.

-Dirección Xeral de Protección Civil: Aurelio Fernández Rodríguez.

c-2: representantes da Administración local, nomeados pola Fegamp:

-Manuel Santos Maneiro, alcalde-presidente do Concello de Mazaricos.

-Jesús Alberto León Vázquez, técnico da Fegamp.

-Elvira Cerdeiriña Vázquez, técnico do Departamento de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela.

-Victoria Varela Rodríguez, técnico do Departamento de Benestar Social do Concello de Brión.

c-3: representantes do voluntariado, nomeados polos seguintes órganos colexiados:

-Consello Escolar de Galicia: Carmen Morán de Castro.

-Consello Galego da Xuventude: Esteban Paz Míguez.

-Consello da Cultura Galega: Alfonso Zulueta de Haz.

-Consello de Administración do Servicio Galego de Saúde: Luz Campello García.

-Consello Galego de Servicios Sociais: Joaquín Varela Rivera.

-Consello Galego de Consumidores e Usuarios: Belén González Morán.

-Consello Galego de Medio Ambiente: José Veiras García.

-Comisión Galega de Protección Civil: Mª Jesusa Fernández Bascuas.

-Asemblea Nacional de Obxección de Conciencia: Francisco Manrique González Rodríguez.

d) Actuará como secretaria: Felícitas Rodríguez González, Secretaria da Comisión Galega de Obxección de Conciencia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local