Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007084/2001 e.m., interposto por Jesús Bernardo Sánchez Fernández.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007084/2001 e.m., interposto por Jesús Bernardo Sánchez Fernández, contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por silencio administrativo o recurso de reposición contra resolución que determina o prezo xusto do predio nº 173, expropiado para a ampliación do campus universitario de Santiago de Compostela.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria