Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación do polígono número 1 da unidade de actuación número 2 do PXOU-Rúa Luis Otero e avenida de Compostela.

A Comisión de Goberno, en sesión do 5-2-2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación do polígono nº 1 da unidade de actuación nº 2 do PXOU, formulado por Prycoga, Sociedad Limitada na súa condición de propietaria única da totalidade dos terreos que o integran, e presentado a esta Administración municipal polo seu administrador único, Enrique Ramírez Piñeiro, sendo redactado polos avogados María Teresa Pazos Currás e Andrés Méndez González e presentado no rexistro xeral do concello o 26 de setembro pasado, coa finalidade de proceder á xestión e execución urbanística deste ámbito espacial de equidistribución, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a propietaria única e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade,

logo de protocolización notarial del, sendo ámbalas obrigas por conta da propiedade.

Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación os terreos deste polígono nº 1 da UA nº 2, de cesión obrigatoria -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e a súa afectación ós usos previstos polo planeamento, sen achega económica ou patrimonial ningunha deste concello, en función do ofrecemento efectuado nese sentido por Prycoga, S.L., en escrito presentado o día 13-11-2000.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para se proceder á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e a sociedade limitada promotora».

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, éste deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992; poderá entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral