Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de reparcelación voluntaria.

Por decreto da Alcaldía do 24 de xaneiro de 2001, aprobouse inicialmente o proxecto de reparcelación voluntaria sito na rúa da Braña, presentado polos irmáns Rodríguez Couce e Cándido Losada e Hijos, S.A. e redactado polo arquitecto José Antonio Vázquez Rodríguez. Dando cumprimento ó disposto no artigo 104.2º da Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante os cales os interesados poderán presentar alegacións.

Sada, 25 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado