Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 12 do Plan Xeral de Ordenación Urbana en San Amaro.

O Pleno da Corporación, en sesión do vinteoito de decembro de dous mil, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 12 do PXOU, situada en San Amaro e formulado, mediante iniciativa particular, por Bernardo López Abadín, estando composto este instrumento urbanístico de desenvolvemento do planeamento de ordenación integral do municipio do proxecto visado pola Delegación Provincial en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de data 3-3-1999 e do proxecto complementario requirido no acordo de aprobación inicial con visado colexial do 13 de setembro de 2000, que recolle aquela documentación complementaria datada en xullo de 2000, que anulaba e ampliaba a anterior en función do informe previo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sendo toda esta documentación redactada polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro. Considérase con natureza adicional á do PERI, ó proxecto esixido pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento,

denominado de intersección da CN-541 coa U.A. nº 12 do PXOU, e o seu plano modificado de intersección da CN-541, Ourense a Pontevedra, p.k. 92,150, subscritos polo enxeñeiro técnico de obras públicas Isaac Fernández Fernández, visados polo seu colexio profesional o 29-10-1999 e 17-4-2000, recollendo o texto visado o 13-9-2000 a adaptación do trazado das súas beirarrúas ó plano modificado do enlace, na confluencia da avenida do sistema xeral da U.A. nº 14 e a avenida de Lugo.

Segundo.-Facer constar expresamente que o réxime aplicable ó ámbito do plan é o establecido na disposición transitoria segunda, punto 1.b) da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa particularidade de que o aproveitamento dos propietarios do solo será o 90 por cento do medio do polígono, sendo de aplicación o réxime do solo urbano non consolidado.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se consider lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes, conforme a dereito, significando que o art. 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral