Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001 pola que se fai público o nomeamento de varios funcionarios.

En cumprimento do disposto na normativa da función pública anúnciase que, como resultado das probas realizadas para prover distintas prazas, producíronse os seguintes nomeamentos:

Escala de Administración xeral, subescala técnica administrativa, grupo B, técnico de xestión, Álvaro Reinaldo Soto (Decreto da alcaldía do 3 de xullo de 2000).

Escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, arquitecto superior, Eduardo Pérez-Izaguirre López (Decreto da alcaldía do 10 de novembro de 2000).

Nigrán, 22 de xaneiro de 2001.

José Mª Rial Cadaval

Alcalde