Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno o día 25 de xaneiro de 2001 o proxecto de urbanización do Plan sectorial de incidencia supramunicipal-actuación industrial: Río do Pozo Sector II, promovido polo Sepes e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos José Manuel Moure Vieites.

Exponse ó público polo plazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente ficará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que estime pertinentes.

Narón, 2 de febreiro de 2001.

José M. Blanco Suárez

Alcalde accidental