Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Nº de expediente: CS01/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento de instalacións eléctricas municipais.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Duración do contrato: o contrato terá unha duración dun ano, se ben será obxecto de prórroga por mutuo acordo das partes antes da súa finalización cunha antelación mínima de tres meses, sen que en ningún caso a súa duración, incluídas as prórrogas poida exceder de catro anos, nin estas poidan ser concertadas illada ou conxuntamente por un prazo superior ó fixado orixinariamente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Presuposto máximo de licitación.

4.1. Mantemento de instalacións eléctricas municipais.-Oito millóns setecentas mil pesetas/ano (IVE incluído).

4.2. Implantación do servicio.-Un millón cen mil pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño. Praza da Pulida s/n. 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64. Fax: 981 40 50 29.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os esixidos no prego de cláusulas técnicas e administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural, contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño. Rexistro xeral do Concello de Cariño (enderezo pto. 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contado desde a apertura das proposicións (art. 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións que no caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Criterios de adxudicación do concurso.

Os regulados na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas foi aprobado pola Comisión de Goberno o trinta de xaneiro deste ano, e exponse ó público para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante oito días hábiles, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra eles.

Cariño, 14 de febreiro de 2001.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde