Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do 19 de decembro de 2000, acordou prestar aprobación inicial ó expediente 29/00.PPP de Plan parcial denominado As Medoñas, no ámbito do SAUR 2 das NN.SS., promovido por Alberto de Artaza Varaza, en representación da sociedade Las Medoñas, S.A., o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido com

parecendo nas dependencias do Servicio de Urbanismo e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado polo aludido plan parcial, ata tanto non se produza a súa aprobación definitiva.

O propio tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 29 de xaneiro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde