Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-286/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-286/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, presente de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e de que, de non efetuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-286/2000.

Inculpado: Multi Inversiones Coruña, S.L.

Domicilio: r/ Río de Monelos nº 2-1º-A, A Coruña.

Motivos: contrato defectuoso e obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 15-12-2000.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña