Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001 pola que se someten a información pública o proxecto de solución ó problema dos asolagamentos da Terra Chá, fases I e II, zona Terra Chá Centro (Abadín, Castro de Rei e Cospeito) e mailo seu estudio ambiental.

Por resolución da Presidencia do organismo autónomo Augas de Galicia do 27 de novembro de 2000, aprobouse tecnicamente o proxecto de solución ó problema dos asolagamentos da Terra Chá, fases I e II, zona Terra Chá Centro (Abadín, Castro de Rei e Cospeito).

Consecuentemente, e para os efectos do prevido na Lei de expropiación forzosa, sométese a información pública o devandito proxecto durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última das publicacións que do anuncio se farán no BOE, Diario Oficial de Galicia, BOP de Lugo e nun diario dos de maior circulación desta provincia, co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examinalo, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do Organismo Autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (Praza de Camilo Díaz Valiño, 7-9), Servicio Territorial da Demarcación das Concas Intercomunitarias de Augas de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, 70), así como nos concellos lucenses de Abadín, Castro de Rei e Cospeito e nas dependencias da Confederación Hidrográfica do Norte de España en Lugo (Ronda da Muralla, 131).

De consideralo oportuno, as devanditas persoas poderán formular cantas observacións estimen pertinentes en relación co proxecto exposto, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública durante o mesmo período de tempo, o estudio de efectos ambientais contido no proxecto de referencia, segundo o disposto pola Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia. O devandito estudio estará exposto para estes efectos nos lugares citados e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo (Ronda da Muralla, 70).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia