Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación de servicios para a recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

1. Orzamento máximo: 177.234.000 pesetas (1.065.197,79 euros).

2. Prazo de execución do contrato: tres meses e medio para cada un dos lotes.

3. Fianza provisional:

Lote 1:1.421.640 pesetas (8.544,23 euros).

Lote 2: 336.000 pesetas (2.019,40 euros).

Lote 3: 840.640 pesetas (5.052,35 euros).

Lote 4: 946.400 pesetas (5.687,98 euros).

4. Fianza definitiva:

Lote 1: 2.843.280 pesetas (17.088,46 euros).

Lote 2: 672.000 pesetas (4.038,80 euros).

Lote 3: 1.681.280 pesetas (10.104,70 euros).

Lote 4: 1.892.800 pesetas (11.375,96 euros).

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Clasificación esixida: lotes 1, 3 e 4, grupo III, subgrupo 8, categoría D; lote 2, non se esixe.

7. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 10 de abril de 2001, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

8. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

8.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 8.1.1. do prego de cláusulas administrativas.

8.2. No sobre da proposición económica a establecida no punto 8.1.2. do prego de cláusulas administrativas.

8.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 8.1.3. do prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 20 de abril de 2001.

10. Obtención da documentación:

Copistería Copy Nino.

-Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

-Teléfono: 981 58 89 38.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán pola conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente