Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia técnica consistente na investigación de solos potencialmente contaminados nos emprazamentos do Grupo Cortizo-Padrón, Cuíña, S.A., Hijo de J. Barreras, S.A. e Josmar.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: realización de investigacións nos emprazamentos do Grupo Cortizo-Padrón, Cuíña, S.A., Hijo de J. Barreras, S.A. e Josmar, para determina-la presencia de contaminantes, mediante analítica das mostras que se tomen e a realización da posterior análise de riscos que permita a declaración destes solos contaminados ou non en función dos niveis que se detecten.

2.2. Prazo de execución: tres meses para cada un dos lotes obxecto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cincuenta millóns catrocentas tres mil trescentas trinta e catro (50.403.334) pesetas, IVE incluído (302.930,14 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2 e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=174

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar, ó

seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente