Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a posta en funcionamento do programa de mellora xenética forestal de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: instalación e mantemento dos bancos clonais e hortas alcoure recollidas no Plan de mellora xenética forestal de Galicia e instalación e seguimento dos ensaios xenéticos.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintenove millóns (29.000.000) pesetas, IVE incluído (174.293,5 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: cincocentas oitenta mil (580.000) pesetas (3.485,87 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta

contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2 e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=173.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto «Asunto»: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: Rúa Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente