1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: xestión da unidade de información ambiental e administración do Sistema de Información Ambiental de Galicia.
Prazo de execución: un ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: vintetrés millóns duascentas cincuenta mil (23.250.000) pesetas, IVE incluído (139.735,31 euros).
5. Fianza provisional:
2% do orzamento de licitación: catrocentas sesenta e cinco mil (465.000) pesetas (2.794,71 euros).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de adxudicación.
7. Documentación e información.
Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2 e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=173
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No punto «Asunto»: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: Rúa Basquiños, nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente