Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a redacción de proxectos de adecuación, selaxe e clausura de vertedoiros de RSU.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxectos de adecuación, selaxe e clausura de vertedoiros de RSU.

2.2. Prazo de execución: cinco meses para cada un dos lotes obxecto do contrato. (No caso de ser necesario realizar modificacións polos resultados de información pública e declaración ambiental darase un prazo adicional dun mes a partir da notificación).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: setenta e nove millóns setecentas noventa e catro mil oitocentas noventa e seis (79.794.896) pesetas, IVE incluído (480.418,40 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

Copistería Copy Nino.

-Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

-Teléfono: 981 58 89 38.

7.2. Información:

-Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó

da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e. Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente