Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para reaxuste de aliñación e ordenación de volume do predio número 8 do polígono catastral de urbana 30795, sito na avenida da Penela da vila de Santa Marta de Ortigueira.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 22 de decembro de 2000, acordou aprobar definitiva

mente, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, a seguinte aprobación definitiva do estudio de detalle para o reaxuste de aliñación e ordenación de volume.

Predio nº 8 do polígono catastral de urbana 30795, sita na avda. da Penela da vila de Santa Marta de Ortigueira, conforme o proxecto redactado polo arquitecto Manuel Varela Caabeiro.

O que se fai público para a súa executividade, e cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que recaese resolución en prazo, entederase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou ó da publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese de que tamén se poderá interpoñer outro recurso que os interesados consideren pertinente en defensa dos seus intereses.

Ortigueira, 25 de xaneiro de 2001.

Ana Belén Franco Martínez

Alcandesa accidental