Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 2/2001 de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), a 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo de execución/clasificación/orzamento.

92 POL/CV 25 Sarreaus-Vilar de Barrio/Sarreaus/3 meses/G.6.c/20.000.000.

93 POL/CV 155 Vilar de Rei-Sarreaus/Trasmiras/5 meses/G.6.c/30.000.000.

97 POL/CV 677 Vilamarín a N-525/Vilamartín/5 meses/G.6.d/40.000.000.

Ourense, 15 de febreiro de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense