Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na rúa Aragón V-F do PERI IV-05 Aragón. (Expediente 4780/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de xaneiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle na unidade de actuación V-F do PERI Aragón-Travesía de Vigo (exp. 4780/411) presentado pola entidade Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L. e redactado polo arquitecto Pedro Alonso Fernández, visado polo COAG con datas 25 de marzo, 9 de xullo e 19 de agosto de 1998.

Segundo.-Procederase á publicación do presente acordo no DOG e BOP así como á súa notificación persoal ós interesados no expediente.

Terceiro.-Comunicarlle á entidade Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L., que ó abeiro do arti

go 137 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia poderá presentar conxuntamente para a súa tramitación o proxecto de estatutos e bases de actuación, proxecto de compensación e, se é o caso, o proxecto de urbanización.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que, por seren descoñecidos, se ignora-lo lugar de notificación ou intentada esta, non se lles puidese practicar.

Vigo, 12 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo