Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle presentado por Inmobiliaria Nino Mirón, S.L. para definición das aliñacións exteriores e rasantes interiores da unidade de actuación da zona número 3 no Vicaño-Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión realizada o día 23 de xaneiro de 2001, acordou presentar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado pola entidade Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., para definición das aliñacións exteriores e rasantes interiores da unidade de actuación da zona nº 3 no Vicaño-Sanxenxo, de conformidade coa documentación técnica redactada polo arquitecto José Inchaurraga Ruiz.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formula-las alegacións que coide procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 13 de febreiro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde