Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.364

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2001 polo que se fai público o acordo polo que se efectúa unha convocatoria aberta para a cobertura das listas de aptitude de persoal técnico (titulados superiores).

Conforme o acordo do 6 de febreiro de 2001, faise pública a apertura do prazo para a presentación de candidaturas para a cobertura das listas de aptitude de persoal técnico (titulado superior) da Fundación Galicia-Europa (FGE), segundo os criterios e pautas habituais da Comisión Europea e das restantes institucións e órganos comunitarios para tarefas afíns.

O devandito prazo remata ós quince días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as bases reguladoras da convocatoria poden ser consultadas na páxina web da FGE (www.fundaciongaliciaeuropa.org) ou solicitarse para a súa remisión por fax ou correo electrónico ó enderezo postal dela (r/ Feáns, 5-baixo 15706-Santiago de Compostela). Tamén se poderá solicitar información persoal nese mesmo enderezo ou por vía telefónica no número 981 54 10 12, en horario de 9 a 14 h, de luns a venres.

Como as institucións comunitarias, a FGE practica tamén unha política de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A FGE vela por evitar calquera forma de discriminación no acceso a ela. Igualmente comprométese a favorece-la igualdade de oportunidades das persoas afectadas por unha minusvalidez.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa