Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Con data do 13 de novembro de 2000, a Comisión Municipal de Goberno aprobou o inicio do expediente de delimitación do polígono e do expediente de reparcelación na avda. de Barraña, lugar de Salgueiral, promovido por Promociones Mallón y Vilas, S.L. e Outros.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, de acordo co disposto no artigo 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Boiro, 23 de xaneiro de 2001.

Manuel López Outeiral

Alcalde en funcións