Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso ordinario, expediente sancionador 15-1120/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-1120/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña sede o órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2.b) 4 en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388), Santiago de Compostela, no seguinte prazo:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1120/1997.

Denunciado: Guillermo Piñeiro Iglesias (Neumáticos Turismoto).

Domicilio: avda. Gran Canaria, nº 14, 15011 A Coruña.

Sanción e motivos: 50.000 pesetas (cincuenta mil pesetas), por cobro abusivo.

Data da resolución: 8-5-1998.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña