Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-1/2000).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas por Mª Socorro Fernández Arribas, Mª Luisa Posa Grande e outros, Javier Conce Buruchaga, xunta de propietarios do edificio nº 30 r/Panaderas e Fernando Vázquez González; de conformidade cos informes emitidos e en consecuencia estimalas en relación á aliñación interior da praza, paralela á rúa Panaderas e respecto ás parcelas 30-32 e 26 da citada rúa, e axuste do ámbito do estudio de detalle ó ámbito do POL-4 do plan especial. Desestimar en canto ó resto do alegado ó considerarse axustado o estudio de detalle á normativa urbanística en vigor, respecto á aliñación interior da praza paralela á rúa Panaderas no que se inclúe dentro do ámbito do POL-4, tamén respecto ás rasantes da praza e finalmente respecto ás aliñacións da r/Tabares e Papagayo con eliminación de escaleiras. Desestimar tamén as alegacións presentadas por Henrique Tello León (Aleg 2) e Manuel Alen Martínez (Aleg 3).

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado pola comisión xestora do POL-4 Capuchinas-Papagayo-Tabares de conformidade co informe emitido e os reaxustes introducidos como consecuencia da estimación das alegacións, dando así conformidade ó documento corrixido (texto refundido).

Terceiro.-Que os técnicos municipais procedan á redacción do documento de modificación do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería co fin de axusta-la aliñación interior da praza paralela á rúa Panaderas no tramo do edificio nº 30 e nº 26.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes, Neste caso, contra a desestimación do recurso de repo

sición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Proceder á publicación preceptiva e remisión do expediente á Consellería de Ordenación de Territorio, Obras Públicas e Vivenda en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 13 de febreiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo