Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000 pola que se lle outorga, a Acuidoro, S.L. permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento dun establecemento de acuicultura no lugar de Coído, concello de Cervo (Lugo).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade e concesión para a explotación dunha granxa mariña, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro: mediante escrito do 21-2-2000, Antonio Casal Sixto (DNI/CIF: 32615934W), en representación de Acuidoro, S.L. (DNI/CIF: B-15139785), solicitou permiso de actividade e concesión para a explotación dunha granxa mariña para engorde de rodaballo, no lugar de Coído, concello de Cervo, provincia de Lugo.

Segundo: o interesado presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro: no expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no BOP.

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe urbanístico favorable, do Concello de Cervo.

-Informe favorable sobre a ocupación do dominio público marítimo-terrestre, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente).

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

Cuarto: a Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) outorgou a Acuidoro, S.L. concesión para a ocupación de 1.000 m de dominio público marítimo-terrestre con destino á toma de auga de mar e desaugadoiros.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 17 de marzo do 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial de Lugo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Acuidoro, S.L. con DNI/CIF: B-15139785, permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación:

-Tipo: granxa mariña.

-Nome: Acuidoro, S.L.

-Actividade: engorde.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Situación: lugar Coído, concello Cervo, provincia: Lugo

-Superficies:

Dominio privado: 24.228 m.

Dominio público: 1.000 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1, superficie: 14.726 m.

Piscinas: nº: 254, superficie total: 10.723 m.

-Capacidade: 400 Tm/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade e concesión outórganse por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por un período máximo doutros dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

A vixencia dos títulos habilitantes así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, deberán ser coincidentes.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo de acordo

co proxecto de instalación dunha granxa de cría e engorde de rodaballo que se instalará no polígono industrial de Cuíña, lugar de Coído, concello de Cervo, provincia de Lugo, subscrito en xaneiro de 2000, polo enxeñeiro industrial superior Javier Guillen Rodríguez, visado polo colexio profesional correspondente o día 10-2-2000, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de dous anos, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión de ocupación, ó abeiro do disposto na resolución de outorgamento do dominio público marítimo-terrestre, que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade e concesión ós que se refire esta resolución, extinguiranse polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade e concesión non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura