Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, sobre homolación do curso Apuntes para o coñecemento global de Galicia organizado pola Asociación Cultural Guías de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, da Orde do 26 de marzo de 1998, pola que

se regulamenta a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, e para os efectos establecidos no artigo 4 da referida orde, esta dirección xeral resolve homologa-lo curso Apuntes para o coñecemento global de Galicia que se desenvolverá entre os días 12 e 17 de febreiro de 2001 na cidade de Santiago de Compostela cunha duración de 40 horas e organizado pola Asociación Cultural Guías de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo