Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, sobre a solicitude do permiso de investigación Rego do Ouro.

A Delegación Provincial da Coruña fai saber que García Forestal, S.L., con domicilio na avda. de Zumalacárregui, 35 baixo, Cedeira, 15350 (A Coruña) presentou nesta delegación provincial, o día 21 de xullo de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Rego do Ouro, de 60 cuadrículas mineiras para os recursos da sección C, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, da provincia da Coruña; ó seu expediente correspondeulle o nº 7025 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Vértice 1-7º 51' 00''43º 32' 00''

Vértice 2-7º 47' 40''43º 32' 00''

Vértice 3-7º 47' 40''43º 34' 00''

Vértice 4-7º 51' 00''43º 34' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito plazo non se admitirá ningunha oposición.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña