Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Teresa IV, nos concellos de Rodeiro e Agolada (provincia de Pontevedra) e Antas de Ulla (provincia de Lugo), por parte de Proyectos García Regueiro, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Proyectos García Regueiro, S.L., con domicilio en Travesía do Muíño, 12, San Xoán, Poio, presentou nesta delegación provincial, o día 16 de outubro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Teresa IV, de 13 cuadrículas mineiras para recursos de rocha ornamental e outras, que se sitúa nos termos municipais de Rodeiro e Agolada, da provincia de Pontevedra, e Antas de Ulla, da provincia de Lugo, e ó que lle correspondeu o nº 2919 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

17º 55' 20''42º 44' 00''

27º 55' 20''42º 45' 00''

37º 56' 40''42º 45' 00''

47º 56' 40''42º 44' 40''

57º 56' 20''42º 44' 40''

67º 56' 20''42º 44' 20''

77º 57' 00''42º 44' 20''

87º 57' 00''42º 43' 40''

97º 56' 40''42º 43' 40''

107º 56' 40''42º 44' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra