Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación López, no concello de Rodeiro (provincia de Pontevedra), por parte de Carlos López Janeiro.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Carlos López Janeiro, con domicilio nas Antas,

Carboentes, Rodeiro, presentou nesta delegación provincial, o día 17 de novembro do 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación López, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2925 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

17º 58' 20''42º 36' 40''

27º 59' 20''42º 36' 40''

37º 59' 20''42º 37' 40''

47º 58' 20''42º 37' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra