Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Rúa da Presa.

Situación: Barbadás.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 105 m en conductor R.H.V. 12/20 kV derivada desde o C.T. ensinanza e con final no C.T. proxectado con 400 kVA r/t 20.000/380-220 V en planta baixa de edificio en Rúa da Presa. A Valenzá.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense