Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/236-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: entronque sub. treito-L.A.T. 66 kV Tambre-Padrón.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: modificación do apoio nº 70 da liña de alta tensión, a 66 kV, Tambre-Padrón, implantando: novo apoio metálico de celosía, con tres ternas de crucetas, unha para un circuíto e as outras para derivación en dobre circuíto, de entrada e saída da subestación de treito, de Gamesa Energía, S.A. Conductor en dobre circuíto, a 66 kV, e tipo LA-180, de 25 m de lonxitude, entre apoio nº 70 e embarrado da subestación. Rois.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña