Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/118-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Barco de Ávila.

Situación: O Barco.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior de 400 kVA, r/t, 15.000/380-220 V na r/ Barco de Ávila, alimentado por liña soterrada a 15 kV de 30 m con orixe e retorno na L.M.T. soterrada C.T. Salgueiral a C.T. Breogán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense