Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas de profesorado desta universidade convocadas por Resolución do 17 de xullo de 2000.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 17 de xullo de 2000 (BOE do 8 de agosto), e que son as que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 1 de febreiro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 20/2000.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: prospección e investigación mineira.

Comisión titular:

Presidente: Hermenegildo Mansilla Izquierdo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocal secretario: Fernando Vázquez Guzmán, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais: José María Mata Perelló, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

José María García de Miguel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Alberto Casas Ponsati, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Fernando Pendás Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal secretario: Arsenio González Martínez, catedrático de universidade. Universidade de Huelva.

Vocais: José Antonio Martínez Álvarez, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Alfonso Maldonado Zamora, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Jesús García Iglesias, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Nº praza: 22/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito administrativo.

Comisión titular:

Presidente: Lorenzo Martín-Retortillo Baquer, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Pablo Menéndez García, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Luis José Martín Rebollo, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

M. Pilar Bensusan Martín, profesora titular de universidade. Universidade de Granada.

Javier Barnes Vázquez, profesor titular de universidade. Universidade de Huelva.

Comisión suplente:

Presidente: Germán Fernández Farreres, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Íñigo Martínez de Pisón, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais: José Ramón Parada Vázquez, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Isabel de los Mozos Touya, profesora titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Marta Franch Saguer, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.