Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/306-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Ramón de Castro-Santo André-O Hío.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. Erbello ata o C.T. Ramón de Castro, en Santo André-O Hío, concello de Cangas. C.T. de 50 kVA, r/t 20 kV-380/220 V, na rúa Monte Castro-Santo André-O Hío.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra